John Langdon Down
(1870) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) John Langdon Haydon Down 18 de novembro de 1828 Torpoint, Reino Unido |
Morte | 7 de outubro de 1896 (67 anos) Teddington, Reino Unido |
Educación | Barts and The London School of Medicine and Dentistry |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina e medicina social |
Ocupación | médico, psiquiatra, neurólogo |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Crellin |
Fillos | Lilian Langdon Langdon-Down, Everleigh Langdon Langdon-Down, Reginald Langdon Langdon-Down, Percival Langdon Langdon-Down |
Pai | Joseph Almond Down |
Irmáns | Jane Down |
John Langdon Haydon Down, nado o 18 de novembro de 1828 en Cornualla e finado o 7 de outubro de 1896 en Londres, foi un médico británico coñecido maiormente pola súa descrición da condición xenética á que nomeou "mongolismo", agora coñecida coma Síndrome de Down.
Down realizou ademais unha destacada labor en medicina social, converténdose nun pioneiro en canto ao coidado de pacientes con discapacidades mentais se refire. O seu traballo, no entón chamado Earlswood Asylum, non só se centrou na administración, senón que tamén abrangueu innovacións no tratamento e educación das persoas con ditas discapacidades.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xuventude e formación
[editar | editar a fonte]Criado na relixión da súa familia, a igrexa congregacionalista, Down naceu en Torpoint, Cornualla. Foi o máis novo dos sete fillos que tiveron Thomas Joseph Down, de Derry, e Hannah Haydon, de Devon.[1] Seu pai, comerciante, posuía unha inclinación pola bebida, feito que lle fixo sofrer tres crebas sucesivas. Á idade de catorce anos, o seu pai retírao da escola para empregalo no negocio familiar durante catro anos.[2]
Aos dezaoito anos, trasládase a Londres para converterse no asistente dun cirurxián nunha clínica privada. En 1847, traballou no laboratorio da sociedade farmacéutica, onde centra os seus estudos e formación na química orgánica. Destaca coma estudante brillante, mais Down non contemplaba unha carreira coma farmacéutico. Porén, retornou ao negocio do pai para axudar a producir medicamentos, salvando, deste xeito, a situación financeira da súa familia.
En 1849, convértese en asistente de laboratorio, estando en contacto con Michael Faraday, o célebre químico e físico. En 1853, á idade de vinte e cinco anos, após o finamento do seu pai, ingresa na London School of Medicine do Royal Hospital of London, onde lle é outorgada unha medalla de ouro en fisioloxía en 1859.[3]
Carreira
[editar | editar a fonte]Estudou farmacia en Londres e, posteriormente, Down ingresou ao Royal London Hospital[4] como estudante en 1853. Un dos seus profesores foi William John Little,[4] coñecido pola enfermidade de Little.[4] Durante a súa estadía no hospital, Down destacouse academicamente, obtendo numerosos honores e medallas de ouro, graduándose no Apothecaries Hall e na Facultade Real de Cirurxía. Para aforrar diñeiro mentres acudía á escola de medicina, viviu coa súa irmá e cuñado. Nese tempo coñeceu a Mary Crellin, irmá do seu cuñado, con quen se casou en 1860.
En 1858, foi nomeado Superintendente Médico do Asilo de Earlswood en Surrey, onde traballou durante dez anos, dimitindo despois por un desacordo coa Xunta de goberno.[5] Aos poucos mercou unha casa en Hampton Wick onde continuou cos tratamentos ilustrados que levara a cabo en Earlswood. Estivo moi influído por John Connolly (tamén superintendente doutro asilo para dementes), e polos franceses Edouard Séguin e Bénédict Morel. Este cría que as razas humanas eran especies diferentes e clasificounas xerarquicamente polo seu grao de civilización. A partir ddas ideas deste, Langdon, creou unha clasificación segundo a forma do cranio e o aspecto da cara: caucásico, etíope, mongol e azteca. Máis adiante abandonou a clasificación conservando só a mongol, que describiu en 1866.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Black, John (xuño 1999). "John Langdon Down 1828—1896: A Caring Pioneer". Journal of the Royal Society of Medicine 9 (6): 322–323. ISSN 1758-1095. PMID 1297222. Consultado o 8 de xuño de 2024.